DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de agosto de 2023, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 17 de xullo, ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2023-000733 (AC-006/23), por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o director da Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 25 de agosto de 2023

Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2023-000733 (AC-006/23).

NIF: 33279948Y.

Establecemento: Hostel Santiago.

Enderezo: rúa Senra, 11-3º.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 109.2 alíneas c) e d) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: 17 de xullo de 2023.

Sanción: multa por importe de catrocentos cincuenta euros (450,00 €).