Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de reconectador TC na LMTA VLL803 no apoio número 118-41-1, na Casa do Concello do Pereiro de Aguiar, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 23 de agosto de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/59-3.
Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA VLL803 no apoio núm. 118-41-1.
Concello: O Pereiro de Aguiar.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Predio núm. |
Lugar |
Titular |
Incidencia |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
1 |
Transformador |
Herdeiros de Pura Álvarez Álvarez |
Enderezo descoñecido |
Casa do Concello do Pereiro de Aguiar |
2.10.2023 |
11.15 |