DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51813

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación, en réxime de empresa tutelada, para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PE601C).

BDNS (Identif.): 714728.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiros con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa, e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria e que cursasen os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderanse presentar aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícola/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.

Segundo. Obxecto

Formación, en réxime de empresa tutelada, de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de acuicultura.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación, en réxime de empresa tutelada, para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PE601C).

Cuarto. Contía

O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 15 03 422K 4800 (86.400 €) e 15 03 422K 4840 (7.840 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2023-2025, que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. O importe bruto mensual de cada bolsa será de novecentos euros (900 €). O número de bolsas é de catro.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un (1) mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar