DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2023 pola que se publica o concurso público, con procedemento aberto e sistema multicriterio, para a selección de ofertas do proxecto concesional e posterior tramitación como concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario no porto de Tragove (Cambados) para a explotación de edificación e instalacións anexas para a actividade de acuicultura e outras complementarias ás portuarias (expediente PRG-2023-0075).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación Portuaria.

c) Número de expediente: PRG-2023-0075.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a explotación de edificación e instalacións anexas para a actividade de acuicultura e outras complementarias ás portuarias.

b) Lugar da concesión: porto de Tragove-T.M. Cambados.

c) Prazo da concesión: ata un máximo de cincuenta (50) anos, conforme o descrito na cláusula 7 do prego de bases que rexe a presente contratación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran na cláusula 12.2 do prego de bases do concurso.

4. Taxas de explotación: as especificadas na cláusula 8 do prego de bases do concurso.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6ª polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 881 99 52 70.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: o prego de bases desta convocatoria poderase obter no seguinte enderezo da internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación: presentación electrónica a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: electrónica, a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex):

a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante o resultado da apertura, para que, logo da comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, de ser o caso, se xeren correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia