En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.04.322C.470.8 e 11.04.322C.470.10 da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e ás microempresas afectadas pola COVID-19 mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A) e do Programa II de microempresas (TR500B), susceptible de ser financiada parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://empregoeigualdade.xunta.gal/plans-de-rescate/persoas-e-entidades-beneficiarias
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social