DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial do PERI do PEI 12 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo (expediente 8521/2022).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 14 de xullo de 2023, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral nº 12 do PXOM de Sanxenxo, promovido pola Xunta de Compensación do ámbito.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 18 de agosto de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente