DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial SUND-30 A Ferrala (expediente 2021/PLANEAM/000024-FG número 687).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023004182, do 18 de agosto, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial SUND-30 A Ferrala, en Liáns (documento R.E. nº 2023015312, do 11 de agosto).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo de dous meses, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas. Así mesmo, estará á disposición na web do concello na epígrafe de Urbanismo-trámites de información pública.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Oleiros, 24 de agosto de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente