DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2023/238-1).

Expediente: IN407A 2023/238-1

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Roupión.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

1. Características técnicas:

Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas e equipamento de telecontrol e telexestión, que se instalará na parcela con referencia catastral 15068A010005540000YH, sita no lugar de Roupión.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 2×175 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe e remate nos empalmes MT proxectados sobre a LMTS comprendida entre o paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio nº 74 e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) que se instalará no novo apoio nº 75 da liña BOI-804 modificada, tras entrar e saír no CT proxectado.

A modificación da liña BOI-804 indicada vén recollida no proxecto Regulamentación LMT BOI-804: apoios 9KLLWCC5//74 e 9KMADLQD//75, polo que se modifica o treito aéreo en condutor tipo LA-110 da liña BOI-804 autorizado no expediente 50.315, comprendido entre os seus apoios nº 72 e nº 76 (expediente IN407A 2022/366-1).

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente na zona, actualmente alimentada polos CCTT Banda (expediente IN407A 1998/130-1/matrícula: 15ARY9) e Santa Cruz de Lesón (expediente 50.315/matrícula: 15ALYM) que resultan parcialmente descargados, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×189 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente e da substitución de 367 metros de rede aérea de baixa tensión existente en condutores tipo RZ 3(1×25/54,6 mm² Al/Alm), RZ 3(1×50/54,6 mm² Al/Alm) e RZ 2(1×25 mm² Al). Proxéctase o tendido de 425 metros de novos condutores tipo RZ 3(1×50/54,6 mm² Al/Alm) e RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/238-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Roupión.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

1

Ramón Vázquez Hermo

15068A010005540000YH

Roupión

CT e acceso

20,11

Urbano

Solo sen edificar