En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.40.322C.470.8 e 09.40.322C.470.10 da Resolución do 28 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas da Orde do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Microempresas, de mantemento do emprego e da actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID 19 (TR400B), e do Programa II Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.
Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://empregoeigualdade.xunta.gal/plans-de-rescate/persoas-e-entidades-beneficiarias
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social