DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lle notifica a un interesado a resolución pola que autoriza o establecemento de beneficio, vinculado á concesión de explotación San Juan número 5226, no concello da Gudiña, provincia de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle a José Ramón Reigada Prado, co DNI ***2404**, como persoa interesada que, por Resolución asinada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 19 de xullo, procédese a autorizar o establecemento de beneficio, vinculado á concesión de explotación San Juan número 5226, no concello da Gudiña, provincia de Ourense.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servicio de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 16 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense