Mediante Resolución da Alcaldía número 2023-0705 deste concello, do 11 de xullo de 2023, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Ponte Caldelas para o ano 2023.
No anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 19.7.2023, no cal se detecta un erro na descrición dunha praza e visto o artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á corrección seguinte:
Onde di: «Posto: auxiliar administrativo/a, grupo C2, dotación 1 posto, escala Administración xeral, subescala administrativa», debe dicir: «Posto: administrativo/a, grupo C1, dotación 1 posto, escala Administración xeral, subescala administrativa».
Ponte Caldelas, 3 de agosto de 2023
Andrés Díaz Sobral
Alcalde