DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2023 Páx. 51170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de finalización do proceso selectivo e nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 444, do 3 de agosto de 2023, acordouse realizar o nomeamento como funcionario de carreira, para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo co expediente 2022/E001/000029 (técnico/a de Administración xeral), a favor de:

Identidade do aspirante

DNI

José Martínez Redondo

***5459**

O que se publica no cumprimento da base xeral núm. 13 e artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Contra a resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP) e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Lousame, 3 de agosto de 2023

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa