DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2023 Páx. 51158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 3 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/133-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT MEA811 Ribeiras do Sor 11 entre os apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/133-1), pola Resolución desta xefatura territorial, do 30 de maio de 2023, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 10 de outubro de 2023 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do concello de Ortigueira, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 23.9.2022, no BOP do 9.9.2022 e no xornal La Voz de Galicia do 16.9.2022, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostas como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectadas sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña