DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2023 Páx. 51156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1), pola Resolución desta xefatura territorial, do 5 de xullo de 2023, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U., con enderezo na avenida de Arteixo, 19, 1º dereita, 15004 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o 26 de outubro de 2023, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos exprobiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán, xunto con esta resolución, no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 13.3.2023, no BOP do 22.2.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 22.2.2023, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostas como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa Consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña