DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2023 Páx. 51153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 10 de agosto de 2023, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-00292-O-2023).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-00292-O-2023 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 10 de agosto de 2023

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF/denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

proposta

XC-00292-O-2023

1423-LYG

44829530T

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

3.10.2022; 11.30.00; AP-9 67,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros