DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2023 Páx. 51093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 4 de agosto de 2023, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira para ocupar unha (1) praza de policía local (escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, grupo C, subgrupo C1 de titulación), incluída nas OEP dos anos 2017, 2018, 2019 pola quenda libre, de:

Villapol Mansilla, P. con DNI ***3054**.

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. No caso de non o facer, procederase a declarala en situación cesante e, consecuentemente, decaída no seu dereito.

Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 7 de agosto de 2023

O alcalde
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación

P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal