DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2023 Páx. 51079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de agosto de 2023 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/105/2012-X1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de novembro de 2022, resolución en relación coas obras realizadas en solo rústico, expediente IU2/105/2012-X1.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución aos interesados, con documento nacional de identidade 35916772H, 32370610L e 36104883N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2023

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística