Mediante a Orde do 4 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 134, do 14 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se detalla no anexo.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada pola Orde desta consellería do 4 de xullo de 2023.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino deberase realizar, a partir do día do cesamento, no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023
Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
ANEXO
Apelidos e nome: García Cao, María Asunción.
DNI: **2676***.
Grupo/subgrupo: A1.
Corpo ou escala: 2060-corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código de posto: EM.402.00.002.15770.001.
Denominación: subdirector/a xeral de Emprendemento.
Nivel: 30.
Centro directivo: Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.