DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2023/196-1).

Expediente: IN407A 2023/196-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforma CT Refertas, 15CEN7.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, da LMT DC SMR-729/730 rexistrada no expediente IN407A 2016/2121-1, de 198,56 metros de lonxitude en condutor tipo LA-180, comprendido entre o apoio con matrícula AQDQTX04, metálico tipo celosía A-AG-C-13000/18-E30-CAIII, e o apoio con matrícula AQI3956Y, metálico tipo celosía A-AG-C-13000/18-E30-CAIII, consistente en:

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15037A005000420000PM, preto do CT tipo caseta de obra civil Refertas (expedientes 30.049 e IN407A 2016/2666-1/matrícula: 15CEN7), de xeito intercalado entre o apoio con matrícula AQDQTX04 e o apoio con matrícula AQI3956Y, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-7000/18-E30/120-CAIII, no cal se proxecta a instalación de catro (4) pasos aéreo-soterrados (PA/S) dotados de conxunto de pararraios autoválvulas.

– Substitución do condutor tipo LA-180 DC (condutor existente) por novo condutor tipo LA-180 DC, no van da LMT DC SMR-729/730 de 68,14 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio metálico proxectado e o apoio con matrícula AQI3956Y existente.

– Retensado do condutor tipo LA-180 DC (condutor existente), no van da LMT DC SMR-729/730, de 130,42 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio con matrícula AQDQTX04 existente e o novo apoio metálico proxectado.

Reforma do CT tipo caseta de obra civil Refertas, que mantén o seu edificio na parcela con referencia catastral 15037A005000420000PM, consistente en:

– Substitución do actual transformador de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e da actual aparellaxe ao aire por un novo transformador de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, e un novo conxunto de celas modulares con envolvente metálica con illamento e corte en SF6 en configuración 4L+1P+1A (esta de acoplamento de barras), dotado de equipamento de telecontrol e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas.

– Adecuación do acceso e da ventilación (natural) ás exixencias regulamentarias.

– Instalación de nova bancada para o novo conxunto de celas e para o CBT e de tabique de separación do transformador.

– Instalación de novo foxo de recollida do aceite e de sistema apagalumes, reixa de protección e de novos UPN para soporte do transformador.

– Instalación de catro (4) liñas de media tensión, a 15 kV, de 2×11 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al) cada unha delas, con orixe e remate en cada un dos pasos aéreo-soterrados (PA/S) para instalar no novo apoio metálico C-7000/18 proxectado, tras entrar e saír no CT Refertas reformado.

– Instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×6 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT Refertas reformado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, de ser o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren oportunas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: reforma CT Refertas, 15CEN7.

Situación: concello de Ferrol.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Victoria Bouza Salgado

15037A005000420000PM

As Chousas

Novo apoio C-7000/18

2

Rústico. Agrario