DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2023 Páx. 50889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO da ampliación do prazo de información pública sobre o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Tui para a reforma urbanística de San Bartolomeu aprobado inicialmente.

Con data do 31 de xullo de 2023 o alcalde ditou o Decreto 2023-1008 que a seguir se transcribe:

«O Pleno da Corporación municipal, na súa sesión ordinaria realizada o 27 de abril de 2023, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu, e sometelo a información pública polo prazo de dous meses, de acordo co establecido na Lei 2/2016, do solo de Galicia, mediante a publicación nun dos xornais de maior difusión da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

O dito prazo de dous meses remata o 31 de xullo de 2023, dado que o último anuncio ao respecto foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 31 de maio.

Dado que o dito prazo é mínimo segundo a norma citada, sen prexuízo do prazo que resulta para os interesados que reciben a notificación regulamentaria persoal, e co fin de garantir na maior medida do posible o dereito dos cidadáns a formular alegacións.

Á vista do anterior,

resolvo:

Primeiro. Ampliar en dous meses o período de información pública sobre a modificación puntual do PXOM para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu. Este prazo comezará a computar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Dar conta ao Pleno da Corporación desta resolución na seguinte sesión que teña lugar, para os efectos da súa ratificación.

Terceiro. Publicar o anuncio da dita ampliación de prazo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia».

O expediente pódese consultar no Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de atención o público (das 9.00 ás 14.00 horas), ou ben no Portal de transparencia do Concello de Tui, no enderezo https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency/7d2503d4-5ab4-4fd3-91d3-8460ae5c60b5/

Tui, 1 de agosto de 2023

Enrique Cabaleiro González
Alcalde