DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2023 Páx. 50835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2023/00460.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificacion persoal aos/ás interesados/as, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 8 de agosto de 2023

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.7.2021)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2023/00460

Y8209031T

PO-2023/00460

AAH591581