DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2023 Páx. 50828

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2022 (DOG núm. 209, do 3 de novembro) convocouse para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de xefe/a de sección de Radiofísica do Hospital Universitario de Ourense.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación, á cal se fai referencia na base sétima, á vista dos méritos achegados e da defensa do proxecto técnico de xestión pola aspirante, que constan nas actas da dita comisión, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o posto de traballo convocado á aspirante participante, nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde; no prazo de sete días, se son de distinta área de saúde, ou dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da Área Sanitaria.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. A profesional nomeada será avaliada antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia da persoa interesada. A omisión da avaliación non suporá a consideración co nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121, e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 18 de agosto de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de sección de Radiofísica do Hospital Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: Ana Mª Rodríguez Fernández.

DNI (*): ***9895**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.