DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO do acordo de aprobación inicial da modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Tomiño.

O Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 10 de agosto de 2023, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 10 do vixente Plan xeral de ordenación municipal, relativa ao Parque Agroindustrial Transfronteirizo do Baixo Miño.

O anterior faise público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O expediente estará exposto ao público durante o prazo de dous meses a partir da publicación do presente anuncio no DOG; tamén se publicará un anuncio nun dos xornais de maior difusión da provincia e na páxina web do Concello. As persoas interesadas poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello en horario de atención ao público e presentar alegacións ou reclamacions dentro do mesmo prazo, de conformidade co citado artigo.

O expediente leva aparellada a suspensión cautelar de licenzas correspondente á totalidade da delimitación da modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Tomiño. O acordo de suspensión de licenzas abrangue as relativas a parcelación, edificación e demolición; non quedan afectadas as obras de mantemento, conservación e reforma, as de primeira ocupación e comunicación previa.

A suspensión do procedemento de outorgamento resultará de aplicación para aquelas solicitudes en que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Tomiño, 11 de agosto de 2023

Sandra González Álvarez
Alcaldesa