DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso (expediente 2023/x999/000111).

O Pleno do Concello de Coristanco, en sesión ordinaria do día 27 de xullo de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso da porción do terreo da praza de Santa Marta (San Roque Traba-Coristanco) pertencente ao sistema xeral de espazos libres para incorporalo ao sistema xeral de equipamento comunitario (uso cultural).

Segundo. Publicar este acordo no BOP e no DOG, e remitilo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á asistencia técnica municipal en materia de urbanismo, para o seu coñecemento.

Coristanco, 3 de agosto de 2023

Juan Carlos García Pose
Alcalde