DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria nun expediente de expropiación nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica regulamentación LMTA ALB804 apoio núm. 36-53, nos concellos de Cenlle e San Amaro, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitaren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/144-3.

Instalación: regulamentación LMTA ALB804 apoio núm. 36-53.

Concellos: Cenlle e San Amaro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Lameiro

32075AO9200365000EU

María Fernández Vázquez

Enderezo descoñecido

22.11.2022

2

Rodal

32026A008040000000TW

Manuel Fernández Seoane

Enderezo descoñecido

22.11.2022