DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/338-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos, no termo municipal da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/338-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U.

Denominación da instalación: reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

Motivo

2

Terreiro

Gerardo Varela Viña (cotitular)

26.10.2023

10.30

Enderezo descoñecido

9

Chousa Grande

Descoñecido

26.10.2023

10.40

Descoñecido

10

Chousa Grande

Descoñecido

26.10.2023

10.45

Descoñecido

12

Brañón

Descoñecido

26.10.2023

10.50

Descoñecido

13

Lumbade

Descoñecido

26.10.2023

10.55

Descoñecido