DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN408A 2020/42 RAI-DXEM-85.15/23).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Industria e Innovación
P.S. (Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
María Adelaida Couto Piñón
Vicesecretaria xeral da Consellería de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN408A 2020/42 RAI-DXEM-85.15/23

32753813L

Acordo de denegación da solicitude de suspensión