DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2023-029.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 7 de agosto de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CO-RES-2023-029

52931443W

Acordo de inicio

Pola xefa territorial