DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello da Veiga (expediente IN407A 2022/26-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA SAG703 entre apoios núm. 207 a 217, no concello da Veiga, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 7 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/26-3.

Instalación: regulamentación LMTA SAG703 entre apoios núm. 207 a 217.

Concello: A Veiga.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Escarabelleira

32084A037001290000RP

Herdeiros de Nieves García Rodríguez

Enderezo descoñecido

29.6.2023

9

Pozas

320840A0000530000RE

Generosa Prada Pedraz

Enderezo descoñecido

29.6.2023