DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50251

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 3 de agosto de 2023 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro) e outras ordes.

Mediante a Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (DOG núm. 242, do 22 de decembro), convocáronse procedementos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nas bases décimo primeira, décimo sétima e décimo oitava da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos de ingreso convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022.

Segundo. Nomear persoal funcionario en prácticas, ao ter concedido o correspondente adiamento da fase de prácticas, do corpo de profesores de ensino secundario, a Emilio José Suárez Canedo, DNI ***6298**, especialidade Matemáticas, que superou o procedemento selectivo de ingreso convocado mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Terceiro. Nomear persoal funcionario en prácticas o persoal que se relaciona no anexo da presente orde, que superou os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro) pendente da realización da fase de prácticas polas causas que se indican.

Cuarto. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2023 ata o 31 de agosto de 2024.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE de 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Disposición derradeira única. Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todas as medidas e ditar as instrucións que considere oportunas para o correcto desenvolvemento e execución desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Relación de persoas nomeadas funcionarias de prácticas no curso 2023/24 incardinada nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de
xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro)

Noméanse funcionarias en prácticas as seguintes persoas con especificación das seguintes circunstancias:

a) Por ter concedido aprazamento

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***8726**

Gabriela Rivera Rodríguez

Profesores de ensino secundario

Lingua castelá e literatura

***8207**

Beatriz Álvarez Díaz

Profesores de ensino secundario

Matemáticas

***3749**

Lucía Fraga Viñas

Profesores de ensino secundario

Inglés

***5290**

Antía Monteagudo Alonso

Profesores de ensino secundario

Lingua e literatura galega

b) Por non poder ser avaliadas:

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

**2612**

Alberto José Pungín García

Profesores de ensino secundario

Xeografía e historia

***2295**

Laura Martín Álvarez

Profesores de ensino secundario

Debuxo

***1341**

Raquel Cartelle García

Profesores de ensino secundario

Francés

***9560**

Vanesa Alonso García

mestres

Primaria

***0556**

Noemí Campello Fraga

Mestres

Pedagoxía Terapéutica

***3923**

María Carmen Regina Vidal Abad

Mestres

Lingua estranxeira: Francés

***6018**

Andrea Porto Rodríguez

Mestres

Pedagoxía Terapéutica

c) Por obter a cualificación de non aptas:

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***3808**

David Núñez Túñez

Profesores de ensino secundario

Filosofía

***8356**

Ana Acebrás Bouza

Profesores de ensino secundario

Matemáticas