DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 4 de agosto de 2023 polo que se comunican ás persoas titulares dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia as condicións de arrendamento no marco das aldeas modelo de Xacebáns (concello de Quintela de Leirado) e Penedo (concello de Boborás).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio as condicións de arrendamento dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural

Anexo

Nº expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20223201005

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

34628005X

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento.

2022LT00136

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

34918648W

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento.