DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2023/227-1).

Expediente: IN407A 2023/227-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Abuín.

Concello: Porto do Son.

1. Características técnicas:

– Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PDS-804 denominado derivada ao CT Abuín, autorizado no expediente IN407A 2000/188-1, de 69,9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os apoios existentes nº 29-3 (matrícula: 9GOGM8IA) metálico tipo AM-ANG-CH-1600/13-CR e nº 29-4 (matrícula: 9GN2PV77) de formigón tipo AM-FL-HV-630/9-CR. Instalación na parcela con referencia catastral 15072A010011390000PH, sita no lugar de Abuín (Baroña), intercalado entre os anteditos apoios, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H-35-CA(CS), en que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar nas parcelas con referencia catastral 15072A013000430000PG e 15072A013000440000PQ sitas no lugar de Abuín (Baroña).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 595 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio metálico proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Abuín (expediente IN407A 2000/188-1/matrícula: 15CMDM), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×185 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×240 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente, para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no apoio de formigón tipo HV-250/9 existente, e a substitución de 153 metros de rede aérea de baixa tensión existente en condutor tipo RZ 3 (1×50 mm² Al) por un novo condutor tipo RZ 3 (1×95/54,6 mm² Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/227-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Abuín.

Concello: Porto do Son.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15072A010011390000PH

Lamas

Novo apoio proxectado

2

3,1

9,3

Rústico. Agrario

2

Manuela Dean Rodríguez

15072A013000430000PG

Palleiriños

CT (½) e acceso

13,17

Rústico. Agrario

3

Manuel Calo Maneiro

15072A013000440000PQ

Palleiriños

CT (½) e acceso

8,25

Rústico. Agrario