DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Tordoia (expediente IN407A 2023/223-1).

Expediente: IN407A 2023/223-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT MEI-823-apoio AARJ1XBK//95.

Situación: concello de Tordoia.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña MEI-823 autorizado no expediente IN407A 2002/231-1, de 255,2 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 94 (matrícula: AAT7VLCD) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-B1-CSRI e nº 96 (matrícula: AAPKFJLD) de formigón tipo AM-AL-HV-630/13-CR1-CAI(CS), consistente en:

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15085A502011670000EB sita no lugar das Pontes, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 94, do apoio nº 95 (matrícula: AARJ1XBK) de formigón tipo AM-AL-HV-630/13-CR1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CAIII, en que se proxecta a substitución do actual interruptor telecontrolado por un novo reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña MEI-823 de 116,5 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 94 existente e o novo apoio nº 95 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña MEI-823 de 138,8 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 95 proxectado e o apoio nº 96 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/223-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT MEI-823-apoio AARJ1XBK//95.

Situación: concello de Tordoia.

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propietaria

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

m2

1

Tras da Agra

15085A502011670000EB

Urbano

Solo sen edificar

Pilar Couselo Otero

Novo apoio nº 95 (ITC)

2