DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 49991

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR605A).

BDNS (Identif.): 671815.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación da dotación orzamentaria

1. Os puntos b.5 e b.6 da letra b) do punto 1, do artigo 10 quedan redactados como segue:

«b.5. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 1.267.885,38 €.

b.6. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 1.267.885,37 €».

2. A letra b) do punto 1, do artigo 22 queda como segue:

«b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 2.535.770,75 € distribuídos do seguinte xeito:

– 253.577,08 € ano 2023.

– 2.282.193,67 € ano 2024.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 126.788,54 € para o ano 2023, 1.141.096,84 € para o ano 2024.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 126.788,54 € para o ano 2023, 1.141.096,83 € para o ano 2024».

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural