DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 50106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de agosto de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo aos montes das parroquias de Santa María de Muxa e de Benade, concello de Lugo (expediente 2022 313).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 14.6.2023, figura o seguinte acordo:

MVMC Cruz e Toire, pertencente aos veciños da parroquia de Benade; e MVMC Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire, pertencente aos veciños da parroquia de Santa María de Muxa, ambos no concello de Lugo.

O día 8.6.2022, tivo entrada unha solicitude para que se leve a cabo a corrección de erro na representación gráfica da peza de monte denominado Toire, que non se corresponde coa Resolución de clasificación do 12.7.1982 do monte Cruz e Toire nin coa descrición recollida na carpeta ficha do expediente de clasificación. A dita descrición especifica que Toire, cunha superficie de 2 hectáreas, está situado no suroeste da parroquia de Benade e vén definido como unha continuidade do mesmo monte da parroquia de Santa María de Muxa.

A corrección solicitada tamén afecta a peza Toire do MVMC Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire, clasificado a favor da comunidade de Santa María de Muxa.

Tendo en conta que a comunidade de Santa María de Muxa non está constituída, abriuse un prazo para o trámite de audiencia aos interesados, coa correspondente publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia (núm. 65, do 3.4.2023), no BOE (núm. 82, do 6.4.2023), así como no taboleiro do concello de Lugo. Non houbo alegacións ao respecto.

En relación co anterior, o 22.2.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria e cartografía en que se recolle a corrección gráfica e de medición resultante ao adaptar os esbozos de ambos os montes á resolución de clasificación de Cruz e Toire. De acordo coa rectificación proposta, os montes pasan a ter as seguintes superficies:

– MVMC Cruz e Toire. 63,46 hectáreas.

– MVMC Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire. 47,94 hectáreas.

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que as administracións pública poderán rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda rectificar o erro constatado e proceder a facer a corrección sinalada, de acordo coa nova cartografía e medicións.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o monte da parroquia de Santa María de Muxa, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 2 de agosto de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo