De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse, para seren notificadas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.
Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida no vencemento do dito prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta xefatura territorial no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 7 de xullo de 2023
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS614B
Número expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data documento |
BS614B 2022/493 |
Y3147767R |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/872 |
32436919L |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/471 |
33295138Q |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |