DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2023 Páx. 49855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 28 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente 2023/109-36.

Despois de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e consonte o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil, a través deste anuncio emprázase, para proceder á notificación do acto administrativo de citación, a persoa interesada que se sinala no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica á dita persoa interesada, por si mesma ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º piso, en Vigo, de luns a venres laborables, e en horario das 9:00 ás 14:00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no acto notificado sen atender a citación, continuará a tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 95.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 28 de xullo de 2023

Mª Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 2023/109-36.

Persoa interesada: María Caldaras.

Acto que se notifica: acto de citación do 28.7.2023.

Efectos xurídicos: mantemento de medidas administrativas.