DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49184

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E).

BDNS (Identif.): 697935.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o artigo 21, punto 1, que queda redactado do seguinte xeito:

«1. O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 15 de setembro de 2023».

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural