DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da aprobación de unidades de admisión e da súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada Unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo, que é modificado polo Real decreto 1120/2011, do 5 de setembro, no punto 2 do artigo único indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, a efectuará o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura, á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución das categorías identificada e seleccionada, conforme o disposto nos anexos II e III respectivamente, do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal mediante a Resolución do 2 de agosto de 2023 autorizou, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as unidades de admisión que aparecen relacionadas no anexo desta resolución, e realizou a súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución:

• Unha fonte de semente de Fraxinus angustifolia e unha fonte de semente de Sorbus aucuparia, ambos materiais da categoría identificada.

• Sete mouteiras de Pinus pinaster da categoría material identificado.

• Dezaseis mouteiras de Pinus radiata da categoría material identificado.

• Cinco mouteiras de Pinus radiata seleccionadas por forma e pauta de crecemento da categoría material seleccionado.

• Sete mouteiras de Pinus radiata seleccionadas por características tecnolóxicas da madeira da categoría material seleccionado.

• Unha mouteira de Pseudotsuga menziesii da categoría material identificado.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Fraxinus angustifolia Vahl.

Nº de rex.

Código

galego

Código

estatal

Rexión de procedencia

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

Obxectivo

Institución proposta aprobación MB

226

ES/15/fan/1/01/1/1/2

FS-455/01/15/001

01 Galicia litoral

Portomouro

Particular

A Coruña

Val do Dubra

8° 39' 13,302" W

42° 58' 31,661" N

160-210

11,48

I

FS

Autóctono e indíxena

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

Especie: Pinus pinaster Ait.

Nº de rex.

Código

galego

Código

estatal

Rexión de procedencia

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

Obxectivo

Institución proposta aprobación MB

227

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/001

1b Noroeste interior

Monel I

Comunidade de montes abertais de Monel

Lugo

Becerreá

7° 7' 5,907" W

42° 53' 3,768” N

550-710

88,09

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

228

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/002

1b Noroeste interior

Monel II

Comunidade de montes abertais de Monel

Lugo

Becerreá

7° 8' 4,955" W

42° 53' 14,784" N

615-730

12,04

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

229

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/003

1b Noroeste interior

Furco I

Particular

Lugo

Becerreá

7° 10' 31,714" W

42° 53' 20,781" N

720-850

20,04

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

230

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/004

1b Noroeste interior

Furco II

Particular

Lugo

Becerreá

7° 10' 2,183" W

42° 52' 47,794" N

870-925

4,54

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

231

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/005

1b Noroeste interior

San Pedro

Particular

Lugo

Becerreá

7° 10' 46,958" W

42° 53' 39,080" N

690-850

40,32

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

232

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/006

1b Noroeste interior

Montaña de Agra

Agrupación C.B. Montes da Montaña de Agra

Lugo

Becerreá

7° 7' 20,321" W

42° 52' 10,030” N

580-700

43,97

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

233

Es/27/ppa/1/01b/2/1/2

R-26/01b/27/007

1b Noroeste interior

Serra de Constantín e Baralla

CMVMC

Constantín e CMVMC Baralla

Lugo

Baralla

7° 13' 34,041" W

42° 53' 56,649" N

700-800

111,87

I

R

Autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

Especie: Pinus radiata D. Don.

Nº de rex.

Código

galego

Código

estatal

Rexión de procedencia

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

Obxectivo

Institución proposta aprobación MB

234

ES/15/para/1/01/2/2/2

R-28/01/15/001

01 Galicia

Litoral

Marzoa

Agrupación de particulares

A Coruña

Oroso

8° 21' 30,910" W

43° 2' 10,211" N

273-302

3,72

I

R

Non autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

235

ES/15/para/1/01/2/2/2

R-28/01/15/002

01 Galicia

litoral

Pena de Leoiras

CMVMC de

Asados

A Coruña

Rianxo

8° 46' 42,271" W

42° 41' 25,019" N

60-100

2,82

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X.de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

236

ES/15/para/1/01/2/2/2

R-28/01/15/003

01 Galicia

litoral

Infesta

HB Betanzos

A Coruña

Betanzos

8° 13' 35,293" O

43° 15' 52,647" N

130

1,10

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

237

ES/15/para/1/01/2/2/2

R-28/01/15/004

01 Galicia

litoral

Oín

CMVMC de Oín

A Coruña

Rois

8° 40' 54,593" W

42° 45' 19,893" N

70-90

6,34

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

238

ES/32/para/1/01/2/2/2

R-28/01/32/001

01 Galicia

litoral

Fondo de Vila

Deputación

Provincial de Ourense

Ourense

Vilamarín

7° 53' 54,472" W

42° 26' 53,778" N

420-440

2,14

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

239

ES/36/para/1/01/2/2/2

R-28/01/36/001

01 Galicia

litoral

Rebordelo

CMVMC

Rebordelo

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

8° 28' 39,747" W

42°27' 42,008" N

470-510

2,22

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

240

ES/36/para/1/01/2/2/2

R-28/01/36/002

01 Galicia

litoral

Moscoso

CMVMC Moscoso

Pontevedra

Pazos de Borbén

8° 30' 15,052" O

42° 18' 17,580" N

330-410

2,17

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

241

ES/27/para/1/02/2/2/2

R-28/02/27/001

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Serra de Marexe

CMVMC Serra de Marexe

Lugo

Monforte de Lemos

7° 31' 40,918'' W

42° 36' 9,464'' N

500

45,65

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

242

ES/27/para/1/02/2/2/2

R-28/02/27/002

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Allonca I

Dominio Público Territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Xunta de Galicia

Lugo

A Fonsagrada

6° 58' 44,617" W

43° 10' 17,161" N

550-700

10,09

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

243

ES/27/para/1/02/2/2/2

R-28/02/27/003

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Trasmonte- Friol

Particular

Lugo

Guitiriz

7° 46' 42,790" W

43° 7' 29,092" N

540-575

10,14

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

244

ES/27/para/1/02/2/2/2

R-28/02/27/004

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

San Xoán

CMVMC San Xoán de

Lagostelle

Lugo

Guitiriz

7° 52' 3,891" W

43° 12' 15,655" N

540-580

7,40

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

245

ES/15/para/1/03/2/2/2

R-28/03/15/001

03 Litoral Astur-Cántabro

Monte Freixo

Finsa

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

7° 47' 43,911" W

43° 30' 44,539" N

590-660

5,68

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

246

ES/15/para/1/03/2/2/2

R-28/03/15/002

03 Litoral Astur-Cántabro

Forgoselo

Forgoselo

A Coruña

A Capela

7° 59’ 45,483” W

43° 27’ 33,646” N

515-535

2,44

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

247

ES/27/para/1/03/2/2/2

R-28/03/27/001

03 Litoral Astur-Cántabro

Monte Rioboo

Particular

Lugo

O Valadouro

7° 30’ 21,788” W

43° 35’ 8,413” N

535-575

1,55

I

R

Non autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

248

ES/27/para/1/04/2/2/2

R-28/04/27/001

04 Vertente setentrional Cantábrica

Montaña de Agra

Agrupación C.B. Montes da Montaña de Agra

Lugo

Becerreá

7° 9' 34,513" W

42° 52' 47,383" N

690-900

28,07

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

249

ES/27/para/1/04/2/2/2

R-28/04/27/002

04 Vertente setentrional Cantábrica

Centul

Particular SAT N.º 16774

Lugo

Becerreá

7° 7' 10,088" W

42° 52' 33,527" N

570-720

65,61

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

250

ES/36/para/2/01/2/2/2

RS-28/01/36/001

01 Galicia

Litoral

Campo dos cans

CMVMC Loureiro

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

8°23'12,629" W

42° 33' 39,417" N

625-670

7,42

S

R

Non

autóctono

Forma e pauta de crecemento

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

251

ES/32/para/2/01/2/2/2

RS-28/01/32/001

01 Galicia

litoral

Refoxos

CMVMC Refoxos

Ourense

Cortegada

8°7’4,980" W

42° 12' 9,830" N

460-520

12,72

S

R

Non

autóctono

Forma e pauta de crecemento

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

252

ES/15/para/2/01/2/2/2

RS-28/01/15/004

01 Galicia

litoral

Monte da Corda

Finsa

A Coruña

Sobrado

8°1'40,070" W

43° 4' 50,842" N

490-570

12,09

S

R

Non

autóctono

Características tecnolóxicas da madeira

Madera Plus

253

ES/15/para/2/01/2/2/2

RS-28/01/15/005

01 Galicia

litoral

Ramil

CMVMC Ramil

A Coruña

Carballo

8°39'24,195" W

43° 9' 31,495" N

295-325

7,70

S

R

Non

autóctono

Características tecnolóxicas da madeira

Madera Plus

254

ES/27/para/2/02/2/2/2

RS-28/02/27/004

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Bóveda

CMVMC Bóveda

Lugo

Begonte

7°45'11,441" W

43° 9' 2,991" N

440-460

5,48

S

R

Non

autóctono

Características tecnolóxicas da madeira

Madera Plus

255

ES/27/para/2/03/2/2/2

RS-28/03/27/001

03 Litoral Astur-Cántabro

Foz

Particular

Lugo

Foz

7°17'14,885" W

43° 34' 3,340" N

60-140

9,08

S

R

Non

autóctono

Forma e pauta de crecemento

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

256

ES/27/para/2/03/2/2/2

RS-28/03/27/002

03 Litoral Astur-Cántabro

Serrón do lobo

Forestal do Atlántico

Lugo

Xermade

7°52'16,783" W

43° 21' 58,984" N

630-660

4,60

S

R

Non

autóctono

Forma e pauta de crecemento

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

257

ES/15/para/2/03/2/2/2

RS-28/03/15/002

03 Litoral Astur-Cántabro

A panda de Adá

Finsa

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

7°50'8,879" W

43° 30' 28,569" N

530-590

11,40

S

R

Non autóctono

Forma e pauta de crecemento. Características tecnolóxicas da madeira

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural Madera Plus

220

ES/15/para/2/01/2/1/2

RS-28/01/15/002

01 Galicia

litoral

Chousa grande - Coristanco

Dominio público territorial de Coristanco

A Coruña

Coristanco

8°45'3,961" W

43° 10' 2,750" N

240-275

14,00

S

R

Non

autóctono

Características tecnolóxicas da madeira

Madera Plus

223

ES/27/para/2/02/2/1/2

RS-28/02/27/001

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Allonca II

Dominio público territorial da Comunidade

Autónoma de Galicia. Xunta de Galicia

Lugo

A Fonsagrada

6°58'46,38" W

43°10'55,43" N

550-700

5,45

S

R

Non

autóctono

Características tecnolóxicas da madeira

Madera Plus

225

ES/27/para/2/02/2/1/2

RS-28/02/27/003

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Sambreixo- Parga

CMVMC Santa Leocadia

Lugo

Guitiriz

7°47'28,163" W

43° 8' 27,266" N

480-520

16,17

S

R

Non

autóctono

Características tecnolóxicas da madeira

Madera Plus

Especie: Pseudotsuga menziesii Franco.

Nº de rex.

Código

galego

Código

estatal

Rexión de

procedencia

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Alt. (m)

Autenti-

cidade

MB

Obxectivo

Institución proposta aprobación MB

258

ES/27/pme/1/02/2/2/2

R-34/02/27/001

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Os Trollos

CMVMC de Ver

Lugo

Bóveda

7° 29' 30,014" W

42° 36' 2,088" N

390-405

1,00

I

R

Non

autóctono

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

Especie: Sorbus aucuparia L.

Nº de rex.

Código

galego

Código

estatal

Rexión de

procedencia

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Alt. (m)

Autenti-

cidade

MB

Obxectivo

Institución proposta aprobación MB

259

ES/27/sau/1/02/1/1/2

FS-378/02/27/001

02 Montañas e mesetas interiores de Galicia

Montes de Saa, Ferreiros e Veneira e outros

CMVMC Saa, CMVMV Ferreiros excepto Veneira de Roques, CMVMC Veneira de Roques e outros propietarios particulares

Lugo

A Pobra do

Brollón

7° 20' 3,439'' W

42° 36' 33,595”N

680-1100

152,49

I

FS

Autóctono e Indíxena

Selvicultura multifuncional

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural

Nº de rex: número de rexistro.

Alt.: altitude.

Sup: superficie.

Cat: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

I: material de categoría identificada.

S: material de categoría seleccionada.

FS: fonte de semente.

R: mouteira (rodal).

MVMC: monte veciñal en man común.

CMVMC: comunidade do monte veciñal en man común.