DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 313/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 313/2023 (procedemento ordinario), interposto por Laureano García Díaz contra a Resolución do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 60, do 27 de marzo) (categoría: mecánico/a), e contra a desestimación por silencio administrativo do recurso interposto o 19 de abril de 2023 contra a citada resolución.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos