DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xullo de 2023 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2023000258 e dezaoito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01786-Ampliación e mellora de trazado da CP-8203. Vedra-Ponte de Santa Lucía do p.q. 8,130 ao p.q. 10,370. Código 14.1110.0002.0

Hros. José Vieites Maza

29.6.2023

2023000258

42

01908-Ampliación e mellora trazado DP 1301 Gándara e Amañecida p.q. 0+047 a 0+377. Termo municipal Brión

Hros. Carmen Casal Caeiro

1.6.2023

2023000102

8

02057-Itinerario peonil e ciclista na AC-552, treito Carballo-p.q. 32+620-34+400. Clave: AC/16/082.06. Termo municipal Carballo

Hros. Manuel Ponte Vila

1.6.2023

2023000138

24

02206-Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño

Margarita Iglesias Domínguez

30.3.2023

2023000043

19

Servando Morano Gómez

30.3.2023

2023000045

23

02208-Liña colectora Ludrio eixe norte 132 kV, parque eólico Pastoriza-Rodeiro, subestación de interconexión Ludrio 132/400 kV (expediente IN407A 2017/4-0)

Dolores Eiras Goyos

30.3.2023

2023000080

211

Avelino Folgueira Novo

30.3.2023

2023000085

250

Mª Fe Folgueira Novo

30.3.2023

2023000085

250

02220-LMTA, CTI, RBTA Faquín. Termo municipal Maside (expediente IN407A 2021/35-3)

Juan Bóveda Fernández

1.6.2023

2023000129

18

Juan Bóveda Fernández

1.6.2023

2023000130

19

02223-Construción nova vía ampliación do Hospital Gran Montecelo. Clave PO/21/078.01. Termo municipal Pontevedra

María Luz Méndez Rey e outros

1.6.2023

2023000163

28

José Castro Palmeiro e outro

1.6.2023

2023000169

34

José Castro Palmeiro e outro

1.6.2023

2023000170

35

Roberto Sartier Domínguez e outro

1.6.2023

2023000194

63

Roberto Sartier Domínguez e outro

1.6.2023

2023000195

64

02241-Construción mellora da intersección da DP 1707 Oleiros a Pravio p.q. 3+600 coa estrada AC-221 San Pedro de Nós-Mabegondo. Termo municipal Oleiros (código 2018.1110.0013.0)

Hros. Julia Barcia Longueira

29.6.2023

2023000269

4

Hros. Julia Barcia Longueira e outros

29.6.2023

2023000270

6

Hros. Julia Barcia Longueira

29.6.2023

2023000271

8