DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48729

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 28 de xullo de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 16 de xuño de 2023.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mediante a Orde do 16 de xuño de 2023 (DOG núm. 123, do 29 de xuño), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada por Orde desta consellería do 16 de xuño de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino deberase realizar, a partir do día do cesamento, no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Vázquez Mariño, Carlos.

DNI: **3344***.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: 0590-profesores do ensino secundario.

Código de posto: EM.601.00.901.15770.001.

Denominación: director/a.

Nivel: 28.

Centro directivo: Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación (Centro de Novas Tecnoloxías).

Localidade: Santiago de Compostela.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.