DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da Zona de Concentración Parcelaria de Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da Zona de Concentración Parcelaria de Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente, poderán pórse en contacto co Servizo de Infraestruturas Agrarias chamando aos teléfonos 981 18 46 35/981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

CP. Broño-A Pena-Landeira II (Negreira-A Coruña)

DNI

Nº prop.

Acto notificado

78781119R

267

Trámite de audiencia Broño II-A Pena-Landeira

33048876S

322

Trámite de audiencia Broño II-A Pena-Landeira

76456929F

433

Trámite de audiencia Broño II-A Pena-Landeira

76507819K

795

Trámite de audiencia Broño II-A Pena-Landeira