DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, acórdase someter a información pública, durante quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o texto do proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, co obxecto de que calquera persoa interesada poida formular as observacións e presentar as propostas que coide oportunas.

O texto do proxecto do decreto poderá consultarse no Portal de transparencia da Xunta de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

As persoas interesadas e a cidadanía en xeral poderán presentar as proposicións, suxestións ou recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto na ligazón indicada do Portal de transparencia, ou a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas non obrigadas ao emprego dos medios electrónicos poderán presentar as súas proposicións, suxestións ou recomendacións por medio dun escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

O que se fai publico para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023

A secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.S. (Artigo 8.1.a) do Decreto 117/2022, do 23 de xuño)
Ángeles Vidal Ruiz
Vicesecretaria xeral