DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48296

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2023 pola que se fan públicas as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de tratamento e almacenamento da auga de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU232A).

O 25 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de tratamento e almacenamento da auga de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU232A).

O 6 de xuño de 2023, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia (disposición adicional única da Resolución do 30 de decembro de 2022, DOG do 25 de xaneiro de 2023), resolveu ampliar o crédito orzamentario da convocatoria de referencia, establecendo un crédito de 570.692,11 €.

O 12 de xuño de 2023, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou as resolucións de concesión de axudas aos beneficiarios que se indican no anexo I.

Logo da aceptación das renuncias presentadas polos beneficiarios que se indican no anexo II, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de nova concesión de subvencións, que se indican no anexo III.

Segundo o recollido na Resolución do 30 de decembro de 2022 citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As subvencións fináncianse con cargo á conta financeira 6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, proxecto de gasto de axudas para as melloras de pequenos abastecementos no ámbito rural e apoio ás comunidades de usuarios.

De conformidade co previsto no artigo 13 da Resolución do 30 de decembro de 2022, xa citada,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO I

Subvencións concedidas pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 12 de xuño de 2023:

Expediente

Comunidade de usuarios beneficiaria

NIF

Concello

Importe da subvención concedida

AU232A2023-32

Casal Tameiga

G36118099

Mos

10.658,64 €

AU232A2023-29

Traída de augas do Arrabal Oia

G36490894

Oia

11.930,60 €

AU232A2023-15

Traída de augas de Viladesuso

G36119204

Oia

15.000,00 €

AU232A2023-16

Augas de Tomiño

G36257699

Tomiño

4.820,64 €

AU232A2023-20

Augas Bembrive-Xestoso

G36804508

Vigo

10.076,16 €

AU232A2023-10

Augas do Galiñeiro

G36733517

Gondomar

6.615,31 €

AU232A2023-39

Mougás Porto

G36286367

Oia

9.428,32 €

AU232A2023-33

Cabral Carballal

H36733541

Vigo

11.099,51 €

AU232A2023-4

Augas Santos Xusto e Pastor

G36351724

Salceda de Caselas

9.534,80 €

AU232A2023-12

Augas de Soutelo

V36179240

Salceda de Caselas

13.358,40 €

AU232A2023-19

Traída de augas de Mougás

G36456515

Oia

12.818,89 €

AU232A2023-14

Santo Estevo de Budiño

G36114445

Salceda de Caselas

14.343,82 €

AU232A2023-34

Calvos

G36150969

Fornelos de Montes

9.977,97 €

AU232A2023-63

Augas de Meira de Abaixo

G36158004

Moaña

11.235,00 €

AU232A2023-31

Torrón-Tomiño

G36171957

Tomiño

8.659,12 €

AU232A2023-9

San Xurxo-Salceda

G36283554

Salceda de Caselas

4.994,88 €

AU232A2023-3

Traída de augas de Castro Barreiro-Salceda

G36148252

Salceda de Caselas

9.083,71 €

AU232A2023-49

Freixo

V36372431

Crecente

11.645,14 €

AU232A2023-8

Augas da Feira

G36175057

Salceda de Caselas

6.650,16 €

AU232A2023-17

Auga de Chavella-Oia

V36479640

Oia

14.701,79 €

AU232A2023-43

Carballeda de Avia

G32282170

Carballeda de Avia

13.358,00 €

AU232A2023-58

Tortoreos e Liñares

G36243566

As Neves

10.467,06 €

AU232A2023-6

Auga da Riña

G36495711

Oia

4.967,94 €

AU232A2023-50

Para o aproveitamento de auga potable da vila de Zas

G70249909

Zas

10.640,00 €

AU232A2023-57

Augas San Xurxo de Mosende-O Porriño

G36113389

Porriño (O)

13.732,43 €

AU232A2023-37

Comunidade de augas do barrio da Igrexa-Tameiga

G36224970

Mos

15.000,00 €

AU232A2023-38

Comunidade de augas de Quintela e Santo Paio

G36167658

Redondela

14.775,55 €

AU232A2023-11

Xinzo Norte

G3636686

Ponteareas

4.908,73 €

AU232A2023-42

Parroquia de Cantoña

G32434300

Paderne de Allariz

8.131,20 €

AU232A2023-21

Pazos Chan

G36550770

Cerdedo-Cotobade

13.830,24 €

AU232A2023-30

Meirol

G36186690

Mondariz

12.087,91 €

AU232A2023-44

Vilar de Condes

G32401986

Carballeda de Avia

8.610,36 €

AU232A2023-18

A Cheira-Oia

V36263895

Oia

4.444,78 €

AU232A2023-5

Cuspedriños

G94165248

Cerdedo-Cotobade

13.991,47 €

AU232A2023-56

Mina do Ferreiro

G36154938

Mos

15.000,00 €

AU232A2023-23

Trasmonte e Covelo

G36130011

Cerdedo-Cotobade

14.244,12 €

AU232A2023-46

Xende

G94039146

Lama (A)

14.999,15 €

AU232A2023-62

Poñe

V36585248

Mondariz

15.000,00 €

AU232A2023-35

Comunidade de augas Calvelo 16 Cotobade

G36130151

Cerdedo-Cotobade

11.166,80 €

AU232A2023-24

Augas de Vilariño de Parada

V94097748

Cañiza (A)

14.263,48 €

AU232A2023-13

Barbeitos

G94037447

Cerdedo-Cotobade

15.000,00 €

AU232A2023-28

Campos-Oia

G36263879

Oia

8.266,96 €

AU232A2023-54

Limeres

G36523660

Cerdedo-Cotobade

11.863,78 €

AU232A2023-60

Presa das Fontes

G36371839

Mondariz

15.000,00 €

AU232A2023-61

Augas de Fontebalán

V36307213

Mondariz

15.000,00 €

AU232A2023-55

Para usos domésticos do barrio de Castro-Mos

G36170348

Mos

10.312,10 €

AU232A2023-27

Portela Sta. María de Oia

G36263911

Oia

9.469,44 €

AU232A2023-48

Lourido

G94049129

Cerdedo-Cotobade

10.397,74 €

AU232A2023-40

Comunidade de Augas Santa Baia

V36453926

Mondariz

11.443,70 €

AU232A2023-41

Traída de Cerdeira Santón Vaso

G42917260

Baleira

15.000,00 €

ANEXO II

Renuncias á subvención concedida pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 12 de xuño de 2023:

Expediente

Comunidade de usuarios beneficiaria

NIF

Concello

Importe da subvención concedida

AU232A2023-6

Auga da Riña

G36495711

Oia

4.967,94 €

ANEXO III

Subvencións concedidas pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 14 de xullo de 2023:

Expediente

Comunidade de usuarios beneficiaria

NIF

Concello

Importe da subvención concedida

AU232A2023-45

Muimenta

G32470460

Carballeda de Avia

9.707,99 €