DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Piago e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro (expediente IN408A 2020/25).

Detectado erro no contido do citado extracto publicado no DOG núm. 121, do 27.6.2023, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 40056, onde di:

«a) Contido da resolución e condicións que a acompañan:

Outorgar autorización administrativa previa e de construción ás instalacións do parque eólico Piago, sito nos concellos Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. cunha potencia de 22,45 MW».

Debe dicir:

«a) Contido da resolución e condicións que a acompañan:

Outorgar autorización administrativa previa e de construción ás instalacións do parque eólico Piago, sito nos concellos Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. cunha potencia de 27,60 MW».

Na páxina 40062, onde di:

«15. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 22,45 MW, segundo o informe do xestor da rede do 26.7.2018».

Debe dicir:

«15. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 27,60 MW, segundo o informe do xestor da rede do 26.6.2019».