DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48079

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se resolve o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño).

Mediante a Orde do 15 de xuño de 2023 convocouse concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (DOG núm. 121, do 27 de xuño).

Pola súa vez, a base novena da citada Orde do 15 de xuño de 2023 encomenda á Comisión de Selección, entre outras funcións, elevar a proposta ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da adxudicación das prazas ofertadas ás persoas previamente seleccionadas.

En consecuencia, mediante a Resolución do 1 de agosto de 2023, a Comisión de Selección resolve, entre outros termos, de conformidade coas atribucións conferidas na base novena da dita orde, aprobar e facer pública, no anexo III da citada resolución, a proposta da adxudicación de destinos obtidos polas persoas concursantes seleccionadas para cubrir as prazas que se especifican, consonte o establecido na base décimo segunda desta orde e segundo a orde de prelación sinalada polas persoas concursantes na súa solicitude, así como elevar a citada proposta ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Consonte co que antecede e para os efectos de dar cumprimento á base décimo quinta da Orde do 15 de xuño de 2023, e á vista da proposta da Comisión designada efectuada mediante a Resolución do 1 de agosto de 2023, a Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeiro. Acoller, en todos os seus termos, a proposta efectuada pola Comisión designada mediante a Resolución do 1 de agosto de 2023.

Segundo. Resolver e facer pública, como anexo a esta orde, a adxudicación de destinos obtidos polas persoas concursantes seleccionadas, de acordo coa súa orde de preferencia e a teor do baremo aplicado, de conformidade coas vacantes convocadas pola referida Orde do 15 de xuño de 2023.

Terceiro. De conformidade co disposto na base décimo sexta da citada convocatoria pública, as prazas adxudicaranse con carácter provisional, de maneira que as persoas seleccionadas deberán incorporarse e tomar posesión con data de efectividade do 1 de setembro de 2023, e cesarán, de ser o caso, no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

Así mesmo, as prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos, por un período dun ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no número 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios.

Cuarto. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira única

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para aplicar e desenvolver esta orde

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO

Adxudicación definitiva de destino ás persoas concursantes seleccionadas para cubrir as prazas que se especifican

Orde do 15 de xuño de 2023 concurso méritos específico de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (DOG núm. 121, do 27 de xuño)

Núm. posto

Destino

Requisito/especialidade

Prazas

DNI

Persoa adxudicataria

Puntuación total

3

Escola de Especialidades Antonio Escaño-Ferrol (A Coruña)

Sistemas Electrónicos

1

***3194**

Otero Martínez, Paula

0

6

Centro Integrado de Formación Profesional Santiago-Santiago de Compostela

Procesos de Produción Agraria

1

***7318**

Doce Caruncho, Juan Carlos

14,75

2

***3950**

Díaz Núñez, Antonio Rodrigo

14,5

7

Centros Aspanaes. A Coruña

Funcionario do corpo de mestres/as ou profesorado de ensino secundario. Experiencia en Educación Especial ou Pedagoxía Terapéutica

1

***1645**

Bello Couselo, Blanca Sofía

14,5

9

Secretaría Xeral para o Deporte: Santiago de Compostela

Pes-Especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física

1

***0848**

García Turnes, Sabela

16,2

10

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Funcionario/a do corpo de mestres/as

1

***0702**

Pérez Otero, Amalia

18,1

11

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Funcionario/a do corpo de mestres/as

1

***0776**

Rey Rey, María Teresa de Jesús

19

12

Hospital Universitario Lucus Augusti

Funcionario/a do corpo de mestres/as

1

***4325**

Elena Rancaño Cabana

14,6

13

Centro Base da Once: Ourense

Funcionario/a do corpo de mestres/as na Especialidade de Audición e Linguaxe (597037)

1

***8585**

López Massarotti, María José

14

17

Asesor/a Abalar Xade Amtega. Santiago de Compostela

 

1

***8098**

Tojo Rodríguez, Jorge

17,35

18

Asesor/a Abalar Desenvolvemento. Amtega. Santiago de Compostela

 

1

***8423**

García Ulla, María Yolanda

17,25

2

***9805**

Martínez Parada, Julián

0

19

Asesor/a Abalar Sistemas Amtega. Santiago de Compostela

 

1

***1405**

Mourón Regueira, José Enrique

14,95

20

Asesor/a Abalar de Zona: Amtega-Zona Ortigueira

 

1

***0593**

Franco Arias, Jesús Emilio

17,45

Asesor/a Abalar de Zona: Amtega-Zona Pontevedra

1

***1368**

Cerviño Varela, José María

17,4

Asesor/a Abalar de Zona-Zona Betanzos

1

***6708**

Gil Sánchez, Ramón Luis

17,45

Asesor/a Abalar de Zona-Zona A Pobra do Caramiñal

1

***3622**

Saborido Ojea, Margarita

17,15

Asesor/a Abalar de Zona-Zona Carballo

1

***1985**

Viña Vilanova, Marta María

16,6

21

Estación Naval da Graña-Esengra-Ferrol (A Coruña)

Máquinas, Servizos e Produción

1

***4209**

Castro Espiño, Manuel

16,2

2

***5116**

Hermida Daga, David Jesús

16,1

22

Cociña e Pastelaría

1

***0647**

Pita Patiño, Diego

10,85