DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) para seren notificados por comparecencia da resolución de ampliación do prazo para corta de arborado.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia da resolución de ampliación do prazo para corta de arborado.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá pórse en contacto co servizo de Infraestruturas Agrarias, chamando aos teléfonos 981 18 46 35-981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de xullo de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba).

DNI

Nº prop.

Acto notificado

32037086H

140

Toma de posesión

33251043N

745

Toma de posesión

76460443W

898

Toma de posesión

33120611J

902

Toma de posesión

33237897E

1408

Toma de posesión