DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a propietaria da zona de concentración parcelaria de Dodro-Laíño (Dodro-A Coruña) para ser notificada por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a propietaria da zona de concentración parcelaria de Dodro-Laíño (Dodro-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificada por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá pórse en contacto co servizo de Infraestruturas Agrarias, chamando aos teléfonos 981 18 46 35-981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de xullo de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

ZCP Dodro-Laíño (Dodro-A Coruña).

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

33289181Q

1049

Trámite de audiencia Dodro-Laíño