DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47913

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 2 de agosto de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 21 de xullo de 2023 polo que se comunica a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado polo Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

A Comisión de Selección, na súa reunión do 21 de xullo de 2023, acordou comunicar a data, hora e lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

A proba do primeiro exercicio da fase de oposición celebrarase o día 22 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo da comisión, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección